Seguridade navegador
Algúns servizos poden requirir funcións de seguridade, como a banca ou compras en
liña. Para levar a cabo estas conexións precisa certificados de seguridade e
posiblemente un módulo de seguridade, que pode estar dispoñible na súa tarxeta SIM.
Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Para ver ou editar os axustes do módulo de seguridade ou para ver unha lista de
certificados de autoridade ou usuario descargados no dispositivo, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
>
Axustes mód. segurid.
,
Certific. autoridade
ou
Certificados usuario
.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos
relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia dun
certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado debe
Web 51
dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado debera
ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o propietario
do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.