Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao número
de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou
algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de caracteres que é posible
enviar nunha mensaxe.
Visualízase o número total de caracteres restante e o número de mensaxes necesario
para realizar o envío.
Para enviar mensaxes, cómpre que o número do centro de mensaxes correcto se atope
almacenado no dispositivo. Normalmente, este número axústase por defecto mediante
a tarxeta SIM.
Texto e mensaxes 31
Axuste do número do centro de mensaxes manualmente
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxes
e
Máis
>
Axustes mensaxe
>
Mensaxes de
texto
>
Centro de mensaxes
.
2 Insira o nome e o número subministrado polo fornecedor de servizos.