Nokia 6303i Classic - Axustes de chamada

background image

Axustes de chamada

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Chamadas

.

Seleccione unha das opcións seguintes:

Desvío de chamada — Permite desviar as chamadas entrantes (servizo de rede). É

posible que non sexa quen de desviar as súas chamadas se se atopa algunha función

de restrición de chamadas activa.

Calq. tecla responde — Permite responder ás chamadas entrantes premendo

brevemente calquera tecla, agás a tecla de acendido, as teclas de selección dereita e

esquerda ou a tecla fin.

Rechamada autom. — Permite que o dispositivo volva marcar automaticamente o

número se falla unha chamada. O dispositivo intenta chamar ao número 10 veces.

Claridade de voz — Permite mellorar a intelixibilidade da fala, sobre todo en

ambientes ruidosos.

Marcación rápida — Permite marcar os nomes e números de teléfono asignados ás

teclas numéricas (2-9) mantendo premida a tecla numérica correspondente.

Chamada en espera — Esta opción permite que a rede lle notifique cando ten unha

chamada entrante mentres ten activa outra chamada (servizo de rede).

Temporiz. chamada — Permite visualizar a duración da chamada en curso.

Resumo tras chamad. — Permite visualizar brevemente a duración aproximada

despois de cada chamada.

Envío do n.º propio — Permite amosar o seu número de teléfono á persoa á que está

chamando (servizo de rede). Para usar os axustes acordados co seu provedor de servizo,

seleccione

Fixado pola rede

.

Liña cham. saíntes — Permite seleccionar a liña de teléfono que desexa utilizar para

realizar chamadas se a tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono (servizo de rede).

Realización de chamadas 29