
Nokia Ovi Suite
Nokia Ovi Suite constitúe un novo enfoque máis sinxelo de usar do software para
ordenadores de Nokia. A aplicación para ordenadores permite acceder facilmente aos
ficheiros do seu Nokia 6303i classic, dos seus outros dispositivos Nokia e a Ovi dende
unha soa fiestra.
Con Nokia Ovi Suite, pode mover mensaxes, contactos, imaxes, música, etc., entre o
ordenador e o dispositivo Nokia, rexistrarse nunha conta Nokia e compartir as súas
imaxes en Ovi. Tamén pode manter sincronizados o dispositivo Nokia e un ordenador,
actualizar o seu dispositivo co software máis recente, descargar os mapas que necesita
e manter os seus contidos máis valiosos seguros e accesibles dende calquera lugar.
Organizar 59

Se desexa obter máis información acerca de Ovi Suite, consulte a zona de soporte técnico
na páxina www.ovi.com.