Nokia 6303i Classic - Nokia Map Loader

background image

Nokia Map Loader

Grazas á aplicación Nokia Map Loader para PC, pode descargar mapas e ficheiros de

orientación por voz da Internet. Cómpre inserir no dispositivo unha tarxeta de memoria

con espazo suficiente. Cómpre utilizar a aplicación Mapas e explorar mapas polo menos

Mapas 53

background image

unha vez antes de empregar Nokia Map Loader, xa que emprega a información do

historial de Mapas para comprobar que versión dos mapas desexa descargar.
Para instalar Nokia Map loader, visite a páxina www.nokia.com/maps, e siga as

instrucións.
Descargar mapas con Nokia Map Loader

1 Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un cable de datos USB compatible ou

a conexión Bluetooth. Se emprega un cable de datos, seleccione

PC Suite

como

método de conexión USB.

2 Abra Nokia Map Loader no ordenador.

3 Seleccione un continente e un país ou rexión.

4 Seleccione os mapas ou servizos e descárgueos e instálelos no dispositivo.
Na ficha Servizo de Nokia Map Loader pode adquirir licenzas de navegación e

información de tráfico, guías de viaxes e descargar mapas.