
Inserción e extracción da tarxeta de memoria
Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar co
dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas microSD cunha capacidade de ata 8 GB.
Introdución
7

Inserción da tarxeta de memoria
1 Quite a tapa posterior.
2 Insira a tarxeta na rañura da tarxeta de memoria coa superficie de contacto
orientada cara a abaixo e prémaa ata que quede encaixada.
3 Volva colocar a tapa da batería.
Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que se estea
accedendo á mesma, xa que podería producir danos na tarxeta de memoria e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
É posible extraer ou substituír a tarxeta de memoria sen necesidade de apagar o
dispositivo.
1 Asegúrese de que non haxa ningunha aplicación accedendo á tarxeta de memoria
nestes intres.
2 Quite a tapa posterior.
3 Empuxe lixeiramente a tarxeta de memoria cara a dentro para liberar o bloqueo e
retire a tarxeta de memoria.
4 Volva colocar a tapa da batería.