Nokia 6303i Classic - Xestión dos dereitos dixitais

background image

Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para

acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo poderá acceder a contidos protexidos con WMDRM 10, OMA

DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward-lock, e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os

propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos

mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante

62 Consellos ecolóxicos

background image

DRM. Esta anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ó uso de contido non protexido

mediante DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os seus

dereitos para utilizar o contido.

Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha copia de seguridade da licenza e do

contido, utilice a función de copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.

É posible que outros métodos de transferencia non transfiran a licenza que é necesario recuperar co contido para que poida

continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible

que necesite recuperar a licenza en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, a licenza e o contido perderanse se formata a memoria do

dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda da licenza ou do

contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se a

tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.