Tarxeta de memoria
Utilice unha tarxeta de memoria para almacenar ficheiros multimedia como, por
exemplo, videoclips, cancións, ficheiros de son, imaxes e datos de mensaxería.
Seleccione
Menú
>
Galería
>
Todo o contido
>
Tarxeta memo
.
Na tarxeta de memoria pódense almacenar algúns dos cartafoles da Galería que
conteñen elementos usados polo dispositivo (por exemplo, o cartafol Temas).
Se a tarxeta de memoria non vén formatada de fábrica, terá que formatala. Ao formatar
unha tarxeta de memoria, todos os datos que hai nela elimínanse definitivamente.
Formatar a tarxeta de memoria
Seleccione
Opcións
>
Opcións tarx. memo.
>
Formato tarx. mem.
>
Si
. Cando o
proceso de formatado remate, escriba un nome para a tarxeta de memoria.
Protexer a tarxeta de memoria cun contrasinal
Seleccione
Opcións
>
Opcións tarx. memo.
>
Fixar contrasinal
. O contrasinal
almacénase no seu teléfono, deste xeito só terá que escribilo de novo cando tente usar
a tarxeta noutro dispositivo.
44 Imaxe e vídeo
Borrar o contrasinal da tarxeta de memoria
Seleccione
Opcións
>
Opcións tarx. memo.
>
Borrar contrasinal
.
Comprobar o consumo de memoria
Seleccione
Opcións
>
Detalles
. A pantalla amosa o consumo de memoria dos diferentes
grupos de datos e a cantidade de memoria dispoñible para a instalación de novo
software.