
Tecnoloxía sen fíos Bluetooth
Mediante a tecnoloxía sen fíos Bluetooth, é posible conectar o dispositivo mediante
ondas de radio, a un dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata
10 metros.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,1 + EDR que admite os
seguintes perfís: de acceso á SIM, de envío de obxectos, de transferencia de ficheiros,
de auriculares, de mans libres, de acceso xenérico, de porto de serie, de intercambio de
obxectos xenérico, de conexión á rede por liña conmutada, de ID de dispositivo, de
acceso á axenda de teléfonos, de aplicación de descuberta de servizos, de distribución
de son avanzada, de control remoto de son e vídeo e de distribución xenérica de son e
vídeo . Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase
en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Nome do meu tlf.
e insira un nome para o seu dispositivo.
2 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica
que a conectividade Bluetooth está activa.
3 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione
Conex. a acc. audio
e o accesorio.
38 Conectar

4 Para emparellar o dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope
dentro do alcance, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir novo disp.
.
5 Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
6 Acorde un código (de 16 caracteres como máximo) co usuario do outro dispositivo
e insira o código no seu dispositivo. Para establecer a conexión, insira o código no
outro dispositivo cando se lle solicite.
Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software
daniño. Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables. Se o prefire, desactive a
función Bluetooth. Isto non afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conectar o ordenador á Internet
Pode utilizar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á Internet
sen necesidade de empregar o software Nokia Ovi Suite. O dispositivo debe poder
conectarse á Internet (servizo de rede) e o ordenador debe ser compatible coa
tecnoloxía Bluetooth.
1 Asegúrese de que o seu dispositivo poida conectarse á Internet.
2 Vincule o dispositivo co ordenador mediante a conectividade Bluetooth. O
dispositivo abrirá unha conexión de paquete de datos á Internet de forma
automática.