Perfil de voo
En ambientes sensibles á radio, onde non se pode utilizar o dispositivo, pode seguir
tendo acceso ao calendario, á lista de contactos e aos xogos fóra de liña activando o
perfil de voo.
indica que o perfil de voo está activo.
16 Acendido
Activar o perfil de voo
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Perfís
e
Voo
>
Activar
ou
Personalizar
.
Desactivar o perfil de voo
Seleccione outro perfil.
Aviso:
Co perfil Voo, non é posible efectuar nin recibir chamadas, incluídas as de emerxencia,
nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede. Para efectuar
chamadas, primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a modificación dos
perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira o código de bloqueo.
Se necesita efectuar unha chamada de emerxencia mentres o teléfono se atopa
bloqueado e no perfil Voo, é posible que poida acceder a un número de emerxencia
oficial programado no dispositivo no campo de código de bloqueo e seleccionar
“Chamar”. O dispositivo confirmará que está a piques de saír do perfil Voo para efectuar
unha chamada de emerxencia.