
Códigos de acceso
Para axustar como desexa que o seu dispositivo empregue os códigos de acceso e os
axustes de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
>
Códigos de
acceso
.
•
O código de seguridade axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non
autorizado. O código preaxustado é 12345. É posible cambiar o código e axustar o
dispositivo para solicitar o código. Algunhas operacións requiren a utilización do
código de seguridade independentemente dos axustes, por exemplo, se desexa
restablecer os axustes predeterminados de fábrica. Garde o código nun lugar
secreto e seguro lonxe do dispositivo. Se esquece o código e o seu dispositivo está
bloqueado, o seu dispositivo requirirá unha reparación. É posible que se apliquen
tarifas adicionais e que todos os datos persoais do dispositivo se eliminen. Para
obter máis información, póñase en contacto cun Nokia Care ou co distribuidor do
dispositivo.
•
O código PIN, fornecido coa tarxeta SIM, axuda a protexer contra o uso non
autorizado da tarxeta.
•
O código PIN2, fornecido con algunhas tarxetas SIM, requírese para acceder a
determinados servizos.
•
Os códigos PUK e PUK2 poden ser fornecidos coa tarxeta SIM. Si insire o código PIN
de xeito incorrecto tres veces seguidas, solicitaráselle que insira o código PUK. Se
non se fornecen os códigos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
•
O contrasinal de restrición requírese cando se emprega o servizo de restrición de
chamadas para restrinxir as chamadas recibidas ou efectuadas dende o dispositivo
(servizo de rede).
•
Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade do navegador, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
>
Axustes mód. segurid.
.
12 Acendido